Licenciada en Matemáticas (Universidade de Santiago de Compostela, 1989) e doutora en Economía (Universidade Carlos III de Madrid, 1996). Desde 2012 é Catedrática de Economía Aplicada na Universidade de Vigo.
A súa investigación vira ao redor das desigualdades económicas: nos niveis de desenvolvemento dos territorios, nos niveis de renda dos individuos e nas situacións laborais de diferentes grupos demográficos. Na primeira liña desenvolveu modelos à la Krugman nos que aborda a localización empresarial e propuxo indicadores de concentración espacial da actividade económica.
Na segunda liña, desenvolveu, desde un enfoque axiomático, diferentes medidas de desigualdade da renda. No ámbito da economía laboral, o seu traballo centrouse na elaboración de medidas de segregación e de benestar social asociadas á diferente situación dos grupos demográficos que conforman unha sociedade. Os seus estudos empíricos exploran disparidades laborais por razón de xénero, raza e status migratorio.
Catedrático de Universidade no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo, e doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela.
Os seus traballos céntranse na teoría de xogos, a investigación operativa e a elección social, sendo as súas principais liñas de investigación a repartición de custos en diversos problemas de investigación operativa (a árbore de custo mínimo, método PERT, mochila, hubs...) e o estudo de métodos de elección social (sistemas de votación, asignación de tarefas...).
Profesor Titular de Universidade no Departamento de Fundamentos da Análise Económica da Universidade de Vigo, e doutor en Economía pola Universidade de Vigo.
Os seus traballos abordan o estudo das desigualdades da riqueza entre países e o manexo de recursos naturais sendo as súas principais liñas de investigación: os determinantes da Produtividade, o impacto dos dereitos de propiedade e a xestión dos recursos pesqueiros.
Catedrática de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e doutora en Economía pola Universidade Carlos III de Madrid.
Os seus traballos abordan o estudo das desigualdades económicas, sendo as súas principais liñas de investigación: a Economía da desigualdade e a pobreza, o estudo das interaccións entre Economía e Xénero, e a análise distributiva do mercado laboral (desemprego, discriminación salarial e segregación ocupacional por razón de sexo, raza, status migratorio e orientación sexual).
Profesor Titular de Universidade no Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo, e doutor en Matemáticas pola Universidade de Vigo.
Nos seus traballos abórdanse temas sobre relacións de preferencia, equilibrio xeral competitivo e xestión dos recursos pesqueiros. Na actualidade a súa principal liña de investigación é a xestión dos recursos pesqueiros.
Profesora Contratada Doutora no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo.
É doutora pola Universidade de Vigo e está habilitada para titular na área de Fundamentos da Análise Económica.
A súa investigación céntrase na Teoría de Xogos con principal interese nos problemas de repartición de custos e xogos cooperativos con estrutura de coalicións.
Catedrático de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e doutor en Economía polo International Doctorate in Economic Analysis, Universitat Autònoma de Barcelona, 1999.
A súa principal área de interese abarca a análise das desigualdades sociais na distribución da renda (pobreza, desigualdade, polarización, mobilidade) ou no mercado de traballo (emprego, discriminación, segregación), con especial énfase no estudo das desigualdades entre grupos de poboación (por raza/etnia ou xénero).
Titular de Universidade no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo. As súas publicacións céntranse dentro do marco da Teoría de Xogos, tanto cooperativa como non cooperativa, sendo actualmente as súas principais liñas de investigación a repartición de custos en redes e o estudo dos atrasos na execución de proxectos (método PERT).
Profesor de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo (España).
En 2012 foi acreditado pola ANECA (Ministerio de Educación) para acceder ao corpo de Catedráticos de Universidade.
As súas dúas principais liñas de investigación son a Historia da Facenda Pública, e a Historia e a Economía do Turismo. Sobre esta segunda materia dirixe, como investigador principal, o proxecto Historia do turismo en Galicia. Orixes e desenvolvemento no século XX.
Profesor Titular de Universidade no departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo.
É doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e habilitado para titular na área de Fundamentos da Análise Económica.
O seu campo de investigación é a Teoría de Xogos con especial interese nos problemas de negociación e de repartición de custos en problemas económicos.
Cost allocation in minimum cost spanning tree problems with multiple sources
COLABORADORES/AS EXTERNOS/AS
Francisco Azpitarte Raposeiras
The University of Melbourne
Información xeral
Traballa na actualidade como Ronald Henderson Research Fellow no Melbourne Institute of Applied Economic and Social Research na Universidade de Melbourne.
Tras completar o doutoramento en economía con Mención Europea na Universidade de Vigo, en xullo de 2009, Francisco cursou os seus estudos posdoutorais na London School of Economics and Political Sciences financiado por unha bolsa posdoutoral da Fundación Pedro Barrié de la Maza.
O seu labor investigador céntrase no estudo da distribución da renda e a riqueza; a análise da pobreza e a exclusión social; o efecto da pobreza no desenvolvemento cognitivo e non cognitivo da poboación infantil e a súa contribución á transmisión interxeracional da pobreza.
Profesora de Teoría Económica no Departamento de Economía da Universidade de Alcalá.
É doutora en Economía polo Instituto Universitario Europeo de Florencia e os seus traballos abordan o estudo das desigualdades económicas, sendo as súas principais liñas de investigación: a dinámica da distribución da renda, a pobreza, a transmisión interxeracional de oportunidades, a discriminación de xénero no mercado de traballo e a avaliación do impacto distributivo das políticas públicas utilizando técnicas de microsimulación.
ECOSOT (Economía, Sociedade e Territorio)
Fac. de CC. Económicas e Empresariais de Vigo -
Campus Lagoas-Marcosende C/ Leonardo da Vinci s/n – Universidade de Vigo – 36310-Vigo (España)
ecosot@uvigo.es
Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia mientras se navega por el sitio web. Las
cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en el navegador ya que son esenciales para el
funcionamiento básico del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a
analizar y comprender cómo utilizas este sitio web; estas cookies se almacenarán en tu navegador
sólo con tu consentimiento. También tienes la opción de no permitir estas cookies, sin embargo, la
exclusión de algunas de estas cookies puede afectar a tu experiencia de navegación.
Cookies necesarias
Estas cookies son estrictamente necesarias para el funcionamiento de la página, las puedes desactivar
cambiando la configuración de tu navegador pero no podrás usar la página con normalidad.
cb-enabled
cookieControl
Instrucciones sobre cómo eliminar las cookies y más información en nuestrapolítica de cookies.