ECOSOT
ECOBAS - Universidade de Vigo

INTEGRANTES (INVESTIGADORES/AS PERMANENTES):

Gustavo Bergantiños Cid
  • Información xeral
  • Catedrático de Universidade no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo, e doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • Os seus traballos céntranse na teoría de xogos, a investigación operativa e a elección social, sendo as súas principais liñas de investigación a repartición de custos en diversos problemas de investigación operativa (a árbore de custo mínimo, método PERT, mochila, hubs...) e o estudo de métodos de elección social (sistemas de votación, asignación de tarefas...).
María Gómez Rúa
  • Información xeral
  • Profesora Titular de Universidade no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo.
  • É doutora pola Universidade de Vigo.
  • A súa investigación céntrase na Teoría de Xogos con principal interese nos problemas de repartición de custos e xogos cooperativos con estrutura de coalicións.
Carlos M. Gradín Lago
  • Información xeral
  • Catedrático de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, e doutor en Economía polo International Doctorate in Economic Analysis, Universitat Autònoma de Barcelona, 1999.
  • A súa principal área de interese abarca a análise das desigualdades sociais na distribución da renda (pobreza, desigualdade, polarización, mobilidade) ou no mercado de traballo (emprego, discriminación, segregación), con especial énfase no estudo das desigualdades entre grupos de poboación (por raza/etnia ou xénero).
Leticia Lorenzo Picado
  • Información xeral
  • Titular de Universidade no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo. As súas publicacións céntranse dentro do marco da Teoría de Xogos, tanto cooperativa como non cooperativa, sendo actualmente as súas principais liñas de investigación a repartición de custos en redes e o estudo dos atrasos na execución de proxectos (método PERT).
Rafael Vallejo Pousada
  • Información xeral
  • Catedrático de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo (España).
  • As súas dúas principais liñas de investigación son a Historia da Facenda Pública, e a Historia e a Economía do Turismo. Sobre esta segunda materia dirixe, como investigador principal, o proxecto Historia do turismo en Galicia. Orixes e desenvolvemento no século XX.
Juan José Vidal Puga
  • Información xeral
  • Catedrático de Universidade no Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo.
  • É doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela.
  • O seu campo de investigación é a Teoría de Xogos con especial interese nos problemas de negociación e de repartición de custos en problemas económicos.

INVESTIGADORES/AS EN FORMACIÓN

David Pereiro Prol